Friday 03 de May de 2024

Unha muller resulta ferida leve nun accidente de tráfico na parroquia de San Salvador (Brión)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión tivo que realizar unha actuación de auxilio esta tarde nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada AC- 300 Os Ánxeles-A Picaraña, á altura da parroquia de San Salvador (Brión). Un sinistro no que resultou ferida leve a condutora do vehículo, que colisionou cunha vivenda e unha luminaria pública da zona.
O accidente tivo lugar pasadas as 15:00 horas de hoxe xoves na aldea de Soutullos, concretamente á altura do cruzamento entre a AC-300 e a estrada municipal que conduce a Bastavaliños e á Igrexa de Bastavales.